Thursday 25 de April de 2024

Renovación do pavimento en diversas pistas polideportivas do municipio


Para continuar fomentando a práctica deportiva ao aire libre, o Concello renovará os pavimentos das pistas de tenis do Hábitat en Perillo e de Bastiagueiro, así como a polideportiva da Cova dos Bois. Este tipo de traballos realízanse para conservar nas mellores condicións de uso as instalacións deportivas públicas.

Estas obras comezarán proximamente. O investimento total por parte do Concello é de 79.050 euros.